Celebrouse esta nova edición do Campionato de Tute cunha boa participación nun día complicado para moitos ao coincidir coa festividade do 15 de agosto, celebrada en moitos pobos do arredor.Participaron 16 parellas
Despois dunha longa e animada tarde de xogo resultaron gañadores Manolo de Xan e Celia, agasallados con sendos trofeos conmemorativos da edición; en segundo lugar quedaron Iñaki e Daniel, agasallados coas medallas de prata; en terceiro lugar, Maruja e Angel de Travesas, agasallados coas medallas de bronce e en cuarto lugar, Pepe "o Panadeiro" e Pepe.
Todos os trofeos foron entregados por algúns dos asistentes máis novos e coma sempre, fíxose tamén o reparto, entre estas catro parellas gañadoras, da cesta de ovos recollidos polas casas da parroquia o día das inscripcións ao campionato.As imaxes do día...
![]() |
| Pincha sobre a imaxe |
Noraboa a todos, participantes e asistentes, nesta nova edición do campionato do tute en Illán!!

No hay comentarios:
Publicar un comentario