10 de agosto de 2011

O noso libro comeza...

... con este prólogo:

"Dende a ilusión e a entrega está feita esta recopilación de fotografías das xentes de Illán.


Trátase de amosar unha etapa da nosa historia, máis ou menos recente, onde o mundo da imaxe non era o de hoxe e escasas eran as posibilidades de facer fotos. É polo que, estes recordos son un verdadeiro tesouro nas nosas mans e como tal queremos tratalos.


Nunha primeira sección do libro faise un percorrido polas familias e casas do noso pobo, as súas xentes e os seus devanceiros. Logo achégase o seu traballo cotíán e os oficios de daquela, así como as festas e romerías coas súas procesións e manifestacións relixiosas. Unha sección está adicada ás xuntanzas e celebracións festivas das familias e grupos de amigos. E por último, os nosos recordos máis variados completan este álbum fotográfico.


Mergulládevos e gozade desta apaixoante volta ao noso pasado!!"

Se tes interés en ter un exemplar, ponte en contacto coa nosa asociación cultural ou escribe ao noso e-mail.

No hay comentarios:

Publicar un comentario