3 de febrero de 2011

Unha tarde de maxia

No local sociocultural do pobo tivo lugar este pasado domingo unha actuación do mago David Méndez, que encantou e fixo pasar unha tarde "máxica" a tod@s.
Na actuación sacou un pedrusco do zapato, un dado da chisteira, fixo voar unha mesa, recompuxo uns papeis dos que fixo un gorriño que regalou a un axudante (Manolo). Todo isto sempre interactuando co público que resultou moi participativo (Dani de Milagros, Berto, Sara, Manolo "O Bigotes",...tod@s).
Unha actividade lúdica organizada dentro das múltiples previstas pola nosa asociación cultural.
Que sorte coa xente que temos, traballadora, divertida, participativa,... unha gozada, vaia!!!
E ahí van algunhas imaxes...
(As imaxes son de María R.)

1 comentario:

  1. Canto traballades e que ben o facedes. Esto debería de pasar en todos os pobos. Dádesme unha envexa sana. Seguide así!!!

    ResponderEliminar