7 de julio de 2019

Excursión Vilagarcía e O Grove



Onte sábado, día 6 de xullo uns 50 membros da Asociación Cultural de Illán desfrutaron da excursión organizada todos os anos por estas datas. O destino foi Vilagarcía de Arousa e O Grove. Fixemos unha visita guiada ao Pazo de Rubianes coñecendo a súa historia e desfrutamos dos seus xardíns coas fermosas camelias, os viñedos, a capela e o interior do seu pazo. O xantar foi no Grove e pola tarde o paseo en barco pola ría coa degustación de riquísimos mexilóns galegos e gambas, acompañados dun viño blanco.

Coma sempre, inolvidable viaxe. Moi boas as visitas pero, sobre todo, a compañía. Todo un luxo ter un pobo así, con tan boa xente. Sodes xeniais!!!

E...  xa pensando na seguinte excursión!!!

Fai clic no seguinte enlace para ver moitas fotos e vídeos desta xornada:

No hay comentarios:

Publicar un comentario