Este ano fixemos a nosa excursión por Quiroga - O Barco de
Valdeorras.
Primeira parada en Monforte de Lemos, no Hotel Terra Meiga
para tomar un café e recoller ao noso guía. Seguimos ata o Muiño de Aceite
de Bendilló (https://turismo.ribeirasacra.org/molino-de-aceite-de-bendillo).
Explicáronnos o traballoso proceso de elaboración do aceite.
En Quiroga, visitamos o interesante museo etnográfico (https://turismo.ribeirasacra.org/museo-etnografico-de-quiroga).
Disfrutamos vendo os distintos apartados e utensilios que neles se amosan,
relacionados co viño, mel,aceite, tecidos, apedra, o ferro, a madeira, as
estancias da casa, unha escola unitaria, a imprenta. Tamén a exposición das
maquetas usadas na película de animación galega O Apóstolo.
Achegámonos ao santuario de As Ermitas no Bolo (Ourense) (https://santuarioasermitas.com/es)
, na beira do río Bibei. Visita ao interior e unha boa explicación das orixes e
proceso deste santuario.
A comida no Barco de Valdeorras no Pazo do Castro (https://pazodocastro.com/), un catro
estrelas onde repuñemos forzas cun saboroso menú. E de seguido un precioso
paseiño polo malecón, pola ribeira do río.
E para rematar visita ás Bodegas de Godeval, onde a guía local nos informou sobre os inicios e todo o proceso do viño godello en Valdeorras. Visita ao Mosteiro de Xagoaza e degustación dos caldos deste preciado viño.
Xa de volta, felices dunha bonita xornada de convivencia, que sempre apreciamos polo valor que tén seguir mantendo a unidade e a xuntanza neste fermoso Illán, que tanto queremos e desfrutamos.💗

No hay comentarios:
Publicar un comentario