Este ano a excursión organizada pola Asociación Cultural de Illán tivo como destino a zona costeira de Pontevedra. Visitamos o mosteiro de Armenteira en Meis, a súa igrexa e o seu claustro; o Parque Natural do río Barosa co seu sendeiro ao pé dos muiños e as súas cascadas que conforman unha fermosa paraxe; a vila de Cambados, coas súas rúas, prazas e edificios históricos como é o Pazo de Fefiñáns, onde contemplamos os seus viñedos, o proceso de fabricación e envasado dos distintos tipos de viño albariño. Para rematar unha degustación dos caldos desta bodega.
Unha fantástica e calurosa xornada que desfrutamos os 56 illanís asistentes.
Ata a próxima!!!
Pincha na imaxe para ver mais
No hay comentarios:
Publicar un comentario