23 de febrero de 2026

Celebramos a visita do noso bispo, D. Fernando

No día de onte recibimos a visita do noso bispo de Mondoñedo-Ferrol, D. Fernando García Cadiñanos, que dentro da súa visita pastoral a varias parroquias da Unidade Pastoral Guitiriz-Begonte, quixo tamén vir á nosa parroquia de Illán. 
Agradecemos moito a súa visita e o feito de poder compartir con D.Fernando, D.Darío (un dos nosos párrocos) e con veciños e achegados, unha fermosa e solleira tarde de domingo, de oración, encontro e conversa. Graciñas a todos por participar!!


máis fotos AQUÍ

No hay comentarios:

Publicar un comentario