5 de agosto de 2025

XXI Festa da Paella

Despois de gozar da 21 edición da nosa festa da paella, é importante mantela no recordo con algunhas imaxes do fermoso día. 

Preparación, actuacións, bailes,... e todos os momentos divertidos da nosa xuntanza

A festa da paella é unha das máis queridas por todos nós..., é xuntanza e reencontro... e xa estamos na conta atrás para a seguinte😍💪💜


25 de julio de 2025

Novas camisetas 2025


E celebrando os 40 anos de festa, desde aquel 1985... e ano tras ano ata hoxe (que solo nos parou a pandemia).

Recordando aquela primeira camiseta, ilustrada pola benquerida amiga Lucía González, que de novo nos agasalla cunha nova ilustración. E desta vez con toques identificativos da nosa fermosa realidade illaní. Graciñas Lucía!!

Que a disfrutemos e a levemos orgullosos do que somos e de onde vimos... 

SEMPRE ILLÁN!!

6 de julio de 2025

Excursión a Quiroga e O Barco de Valdeorras

Este ano fixemos a nosa excursión por Quiroga - O Barco de Valdeorras. 

Primeira parada en Monforte de Lemos, no Hotel Terra Meiga para tomar un café e recoller ao noso guía. Seguimos ata o Muiño de Aceite de Bendilló (https://turismo.ribeirasacra.org/molino-de-aceite-de-bendillo). Explicáronnos o traballoso proceso de elaboración do aceite. 

En Quiroga, visitamos o interesante museo etnográfico (https://turismo.ribeirasacra.org/museo-etnografico-de-quiroga). Disfrutamos vendo os distintos apartados e utensilios que neles se amosan, relacionados co viño, mel,aceite, tecidos, apedra, o ferro, a madeira, as estancias da casa, unha escola unitaria, a imprenta. Tamén a exposición das maquetas usadas na película de animación galega O Apóstolo.

Achegámonos ao santuario de As Ermitas no Bolo (Ourense) (https://santuarioasermitas.com/es) , na beira do río Bibei. Visita ao interior e unha boa explicación das orixes e proceso deste santuario. 

A comida no Barco de Valdeorras no Pazo do Castro (https://pazodocastro.com/), un catro estrelas onde repuñemos forzas cun saboroso menú. E de seguido un precioso paseiño polo malecón, pola ribeira do río.

E para rematar visita ás Bodegas de Godeval, onde a guía local nos informou sobre os inicios e todo o proceso do viño godello en Valdeorras. Visita ao Mosteiro de Xagoaza e degustación dos caldos deste preciado viño. 

Xa de volta, felices dunha bonita xornada de convivencia, que sempre apreciamos polo valor que tén seguir mantendo a unidade e a xuntanza neste fermoso Illán, que tanto queremos e desfrutamos.💗

 



25 de mayo de 2025

2ª pulpada veciñal

 A segunda edición desta xuntanza foi o sábado 24 de maio. Unha fermosa ocasión para compartir con veciños e amigos. Velaquí algúns momentos recollidos en imaxes...


 

5 de enero de 2025

1ª xuntanza de nadal

Todo empezou coa decoración de nadal, un concurso para animar o ambiente con temática deste tempo nos fogares que resultou nun empate. Os gañadores decidiron compartila cesta de nadal nunha xuntanza, na que participaron todos os que desexaron e poideron vir...

unha maneira moi recomendable de comezar o ano!!💖



16 de noviembre de 2024

Magosto 2024

Un aniño máis xuntándonos para festexar o magosto. O mellor de todo, a boa compañía!!

Unhas imaxes aquí



5 de agosto de 2024

Paella 2024


todas as imaxes aquí

Os Tonechos de Illán (Iago de Ánxela e José "Cuco")
"Los cacharros de mi cocina" (Os Pepe da Cruz)
Caso cerrado - 1ª parte (Os Junior de Illán)
Caso cerrado - 2ª parte (Os Junior de Illán)

Unha xuntanza que xa vai pola 20 edición e que cada vez nos ilusiona máis... disfrutamos dela e xa estamos a pensar na seguinte!!
Graciñas a tod@s por participar!!

7 de julio de 2024

Excursión Astorga

Saímos cediño cara a Astorga, capital leonesa da Maragatería, e choveunos algo polo camino pero xa chegados ao destino fixo un día perfecto, despexado e boa temperatura, para disfrutalo a tope. Acompañados por María, unha guía fantástica, que nos acompañou todo o día e nos explicou con detalle todos os monumentos e lugares que visitamos: a catedral, o palacio de Gaudí, o museo do chocolate,… Para comer algo típico, o cocido maragato, que resultou ser unha boa elección, moi rico e abundante. En xeral, foi un xantar que gustou ben.




Xa pola tardiña acercámonos a Castrillo dos Polvazares, un pobo de rúas empedradas e casas brasonadas que foi declarado Conxunto Histórico Artístico e que conserva íntegra a súa arquitectura popular.

De volta outra paradiña para descansar, tomar algo e conversar… e de novo ruta cara a Illán.

Unha xornada de confraternidade, de compartir e desfrutar xuntos… como solo Illán sabe facelo!! E pensando na seguinte…

máis fotos aquí😍

26 de mayo de 2024

1ª pulpada veciñal

Este sábado 25 de maio, en Illán tivemos a primeira pulpada veciñal promovida e organizada pola Comisión do Monte. Unha idea moi ben acaída na veciñanza e que foi todo un éxito tanto pola súa organización coma pola súa acollida. 

Sempre estas xuntanzas son momento de ledicia e favorecer estes encontros cos veciños, que ás veces vemos solo de paso e saudamos de lonxe polas présas e as nosas actividades de cada día, son sempre de agradecer. Nun día así podemos achegarnos, saudarnos, falar con calma, rirnos e emocionarnos,... tantas cousas fermosas que son un dos mellores alimentos para a vida da nosa parroquia.

Desexamos que esta vida sana da parroquia de Illán siga, e nós -illanís enamorados da nosa terra- a manteñamos e a desfrutemos xuntos coma sempre.

Xa estamos agardando pola seguinte!!😉😊




máis imaxes AQUÍ


2 de julio de 2023

Excursión 2023

Despois dun parón obrigado de 3 anos, voltamos coa nosa excursión anual. Esta vez fomos á capital da comarca do Ribeiro, a Ribadavia, no oeste da provincia de Ourense.

En Ribadavia visitamos o Conxunto Monumental de Santo Domingo e o Santuario de Nosa Sra. do Portal, o Castelo dos Condes de Sarmiento, a Praza Maior, a igrexa de Santa María Magdalena, a igrexa de San Juan, o "Barrio de la Judería”,... paseamos polas súas estreitas rúas e contemplamos a súa riqueza arquitectónica, explicada con moita sabiduría e dedicación polo noso fantástico guía, Juan Carlos.

Achegámonos a unha bodega pertencente á denominación de orixe do Ribeiro, O Priorato de Razamonde, situada á beira do río Miño nun enclave precioso. Realizamos un pequeno percorrido polos viñedos para coñecer o proceso de elaboración dos viños, a historia da adega e do Ribeiro. Ao finalizar desfrutamos dunha degustación de viños acompañada dun fantástico aperitivo.

Xa pola tardiña dirixímonos ao Mosteiro de Oseira, polas súas dimensións coñecido como O Escorial galego e situado na localidade de San Cristovo de Cea. A guía do mosteiro explicounos a súa historia nas distintas estancias e claustros.

A volta á casa con cansancio (despois dunha xornada con temperatura superior aos 30º) e con felicidade (por compartir coa nosa xente un fermoso e diferente día).

A conta atrás para a seguinte xa comezou…

 


 pincha aquí enriba para ver máis